Inici / Exposicions / Trazando camiños

Marina Berdalet - Exposicions - Trazando Camiños, amb Mercedes Cabada-Pontevedra 2014 - cartell

Trazando camiños

Mercedes Cabada e Marina Berdalet
Del 3 al 24 de juliol de 2014
Sala de exposicións do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia
Pontevedra

Descripció

Trazando camiños ofrece dúas miradas sobre a natureza como imaxe de mundos que unha senda pode sucar. Dúas miradas fixadas sobre de plans de natureza distinta- tela e papel- que recolle a pegada do corpo, o xesto e o camiño o través do trazo.

 

A obra que Mercedes Cabada presenta en esta exposición xurde da súa experiencia o través do Camiño de Santiago.

Fixen o camiño con unha amiga que me deixou soa nel. As conversas desexadas tiñan que pasar po los meus ollos, e polo bolígrafo. As lembranzas topáronse nas árbores e nas penas, no sol e nas sombras. Transformáronse no libro do camiño, onde se pousaron as nosas conversas coa paisaxe. Tempo despois, o abrilo, vin todo o que me acompañaba sen sabelo, deixando a súa pegada. Convertese a paisaxe en unha escusa para deambular polas súas posibilidades os trazos de bolígrafo só e interactuando con outros materiais en procuras que me levan a outras procuras.

Os traballos pictóricos de Marina Berdalet teñen a natureza como eixe vertebrados dun proceso creativo que vai e ven entre a representación da realidade, a esencialización de estruturas naturais e as paisaxes interiores. O seu traballo xoga co equilibrio creativo entre baleiro e cheo, a profundidade no plano cos mínimos elementos e as variacións do xesto corporal segundo as dimensións da obra.

Imatges de l’exposició